Historia
Historia do Centro Galego en República Dominicana
En 1981, tras unha das varias romarías que houbo neste ano no país, 15 fillos de Galicia crearon un grupo de gaiteiros, entre os cuales estaban o xoieiro Alfonso Groba, de Puenteareas, e Miguel Vilar, da Coruña, percusionistas e pandeireteiros, quen o 8 de xuño do ano seguinte, logo da aprobación dos estatutos, referendados por un decreto do doutor Salvador Jorge Blanco, presidente da República, fundaron o Centro Galego O Noso Lar, institución que tiña como principais metas difundir a cultura galega, como o seu folclore e costumes, colaborar con todos os galegos que necesitasen axuda e asistencia, reforzar o espírito da súa terra, reunir a cuantos residían na República e cooperar cos demais centros sociais españois do país. Asistiron á inauguración o Embaixador de España, o ministro de Turismo Suberví Bonilla e outras autoridades dominicanas, directivos da Casa de España e do Centro Español de Santiago, así como o presidente do Centro Galego de Porto Rico.
O seu primeiro consello directivo estivo formado por Jesús Suárez Conde, presidente, de Monterrey; José Álvarez Sobrino, 1ero vicepresidente, da Garda; Hilario Espiñeira Díaz, 2do. Vicepresidente, de Carballo; Alfonso Groba Amil, tesoureiro, de Puenteareas; Gonzalo Groba Pereira, vicetesorero, da mesma vila; Manuel Benito Otero Sobrino, secretario, da Garda; Manuel González Portela, vicesecretario, tamén da Garda; e como vogais Miguel Vilar R. e Rafael García Pais, de Camota; José Luis Bugallo Bueno, de Villagarcía de Arousa; Jesús Rodríguez Silva, de Lalín; Domingo Dacal Morgade, de Ourense; e Manuel Alonso Álvarez e Hipólito Moreira Domínguez, ambos igualmente da Garda.
O Centro Galego estivo primeiramente na rúa Doutor Defilló número 16 de Santo Domingo e logo mudouse a unha ampla casa edificada nun solar de 4,000 metros cadrados propiedade dun galego situada no quilómetro 9 e medio. Tiña bar, restaurante, sala de xogos, unha biblioteca de 2,000 volumes e un campo de fútbol. A cociña do restaurante estaba a cargo de Iberia e o seu esposo Julio Ferradás, quen máis tarde estableceron o seu propio na capital. Entre as diferentes actividades recreativas que o centro desenvolveu figuraron a celebración, xunto á Federación Dominicana de Yatismo, da primeira regata de veleiros cruceiros denominada Santiago Apóstol, en conmemoración dun novo aniversario do Descubrimento de América, e un campionato, que durou un mes, de tute e brisca, xogos de naipes, no que participaron máis de cen galegos, españois doutras rexións e dominicanos.
Merecedoras de loa e de agradecemento son as numerosas obras de ben social que correron a cargo do devandito centro, como atencións a enfermos, pago de hospitais, medicinas, enterros e escolaridades aos fillos de galegos en mala situación económica, campamentos de verán e a viaxe a Galicia de persoas que tiñan máis de 50 anos sen volver a ela, programa chamado Recontros, auspiciado polo goberno da Xunta desa rexión autónoma.
En 2004 cesou a actividade do Centro polo regreso a Galicia ou por falecemento de moitos dos seus principais membros pero agora no ano 2024 volvemos poñernos en marcha e a tentar cumprir os nosos obxectivos fundacionais.
Queriamos compartir con todos vós algunhas das fotos que conservamos daqueles primeiros anos.