Saúdo do presidente
Estimados amigos e visitantes,
É unha honra darlles a benvida, desde o Caribe, á páxina web oficial do Centro Galego da República Dominicana O Noso Lar. Este espazo foi creado con moito agarimo para que todos os galegos e amigos de Galicia poidan conectarse, compartir e celebrar a nosa rica cultura e as nosas tradicións, falando a nosa lingua, e mesmo degustando nosa gastronómia, incluso estando lonxe da nosa terra.
O noso obxectivo é fortalecer os lazos entre a comunidade galega na República Dominicana, así como promover a unión con todos os dominicanos que, por unha ou outra razón, aman e gozan de Galicia. Convidámoslles a participar e a facer deste centro un lugar de encontro e amizade.
Nesta páxina, atoparán información actualizada sobre as nosas actividades, eventos futuros e recursos útiles. Gustaríanos que se sintan en casa e que participen activamente na nosa comunidade. A súa voz e participación son esenciais para seguir crecendo xuntos.
Agradecemos sinceramente a súa visita e esperamos velos pronto nas nosas actividades.
Xuntos, manteremos vivo o espírito de Galicia en República Dominicana.
Un cordial saúdo,
Antonio Sánchez Espantoso
Presidente do Centro Galego da República Dominicana O Noso Lar