Benvidos a «O Noso Lar»!

Un pedacito de Galicia en República Dominicana.

«O Noso Lar» é moito máis que un centro cultural, é un fogar para a comunidade galega en República Dominicana. O noso obxectivo é preservar e promover a cultura galega neste país, creando un espazo onde a tradición, a música, a gastronomía e o idioma galego mantéñanse vivos. Aínda que non contamos cun local físico propio, reunímonos en restaurantes ou salas alugadas para organizar os nosos eventos e actividades.

A nosa Misión:

  • Manter viva a identidade galega: Fomentar o coñecemento e a práctica da cultura galega entre os residentes de República Dominicana, especialmente entre as novas xeracións.
  • Ser un punto de encontro: Ofrecer un espazo para a unión e a integración da comunidade galega, onde se poidan compartir experiencias, tradicións e valores.
  • Promover a cultura galega: Organizar eventos culturais, talleres, charlas, exposicións e actividades que permitan difundir a riqueza da cultura galega en República Dominicana.
  • Fortalecer os lazos con Galicia: Manter un vínculo estreito con Galicia, fomentando a colaboración con institucións e organizacións galegas.

Únete a nós e forma parte desta gran familia galega en República Dominicana.