admin

Presentación en Santo Domingo

Onte 24 de outubro tivo lugar en Santo Domingo a presentación do Centro Galego en República Dominicana tras varios anos de inactividade. Ao acto acudiron importantes personalidades como o embaixador de España Pérez Hernández, o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e o noso presidente Antonio Sánchez.

Tras unha emotiva sucesión de discursos nos que se debullaron os obxectivos futuros do Centro e o seu novo camiño a percorrer na súa intención de cohesionar á Comunidade galega en República Dominicana e dar a coñecer a nosa cultura e historia entre todos os nosos amigos dominicanos.

Tamén asistiu en pleno a nova xunta directiva do Centro composta por Eduardo Pahino Torres como vicepresidente, Leandro Tajes Grille como secretario, Manuel Benito Otero Sobrino como tesoureiro, e Jaime Cruna Corbelle, José Ángel Rozas Ramos e Juan José Leira Álvarez como vogais.

Acompañamos a noticia con algunhas fotos: